Guitarra solista

O termo guitarra solista (Lead Guitar, en inglés), é o equivalente en galego á "primeira guitarra", dentro dunha banda, xa sexa de rock ou de calquera outro estilo musical. A guitarra solista (ás veces chamada guitarra líder) é a que executa os sos cando un tema o require. Do mesmo xeito, guitarra rítmica (Rhythm Guitar, en inglés) equivale á "segunda guitarra". En grupos como The Rolling Stones non hai unha guitarra solista senón dous "guitarristas de riffs", que se reparten as intervencións segundo o tema o requira.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne